A Xunta abre este sábado 15, o prazo para solicitar praza nas escolas infantís de titularidade autonómica

14 Marzo 2025

A Xunta de Galicia anunciou a apertura do prazo para a solicitude de vacantes nas escolas infantís de 0 a 3 anos de titularidade autonómica, que comezará este sábado e estenderase ata o próximo 4 de abril. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres as resolucións que detallan o procedemento para a reserva de praza e os criterios de prioridade no proceso.

As familias poderán presentar as súas solicitudes tanto de forma telemática como presencial. Ademais, terán a posibilidade de solicitar praza en varias escolas infantís, indicando na documentación a orde de preferencia.

Segundo a información proporcionada pola Consellería de Política Social, as listas provisionais de solicitantes publicaranse o 6 de maio, mentres que as definitivas daranse a coñecer o 30 de maio. Así mesmo, entre o 7 e o 13 de maio abrirase un período para a presentación de reclamacións.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.