A triatleta Martina López será a pregoeira das Festas de Pascua de Padrón que contarán coa presenza das grandes orquestras de Galicia

26 Marzo 2025

Comezou a conta atrás para o inicio das Festas de Pascua de Padrón, que se desenvolven do 12 ao 27 de abril e que volverán contar, grazas ao Concello, cun amplo e intenso programa de actos culturais pensado para todos os públicos. A inauguración oficial destas Festas será o sábado 19 de abril ás 21.00 horas na praza de Macías, onde a triatleta de elite Martina López Gestal será a encargada de pronunciar o pregón.

Martina López Gestal, triatleta del Inforhouse Santiago

A deportista, actualmente integrante do Triatlón Inforhouse Santiago, foi pioneira na súa disciplina, sendo a primeira muller en obter licenza no Triatlón Vilagarcía. Ao longo da súa traxectoria, acadou importantes recoñecementos, entre eles o campionato de España de triatlón de media distancia (categoría 35-39 anos) en 2021 e a terceira clasificación no Campionato Galego de 2019.

A presentación da inauguración correrá a cargo de Sara Seco, creadora de contido e premiada no certame Youtubeiras + polo seu traballo en TikTok. A comunicadora, orixinaria de Valga, será a encargada de conducir o acto de apertura das Festas de Pascua. Con esta escolla, o Concello de Padrón reforza o seu “compromiso coa visibilidade das mulleres no ámbito cultural e festivo”, así como co talento da comarca e dos pobos irmáns, como tamén se reflicte na elección do ilustrador lestrovense Mateo Pardal como autor do cartel oficial das festas.

As celebracións incluirán a actuación dalgunhas das mellores orquestras de Galicia, cun programa musical de primeiro nivel que se desenvolverá en distintos puntos da vila. O mesmo día do pregón, a festa comezará coas actuacións de La Fórmula, que celebra os seus 10 anos cun espectacular directo, e Unión y Fuerza, orquestra padronesa de referencia.

O Domingo de Pascua converterase na Noite Xove, cunha programación especialmente pensada para o público máis novo. Desde as 19:30 horas, Magos, unha formación nova e dinámica, ofrecerá o seu espectáculo antes da emblemática París de Noia, que desde 1957 marca a diferenza co seu escenario móbil de última xeración. Á 1:00 horas, Ricky Galende presentará o seu espectáculo de música, son e iluminación Renovation Experience no paseo do Espolón, garantindo unha noite de festa e diversión.

A Panorama en plena actuación

O Luns de Pascua, o protagonismo recaerá dende as 21:00 horas en Los Satélites, con máis de 80 anos de traxectoria, e ás 22:30 horas en Olympus, unha das orquestras máis espectaculares de Galicia con escenografía, coreografías e luminotecnia de alto nivel.

O martes, o Dúo Máster de Padrón animará a xornada antes da chegada ás 23:00 horas de Panorama, unha das orquestras máis populares de España cunha media de 200 actuacións anuais.

Máis propostas durante a Pascuilla

Desde o Concello de Padrón búscase ofrecer unha programación musical pensada para todos os gustos, combinando modernidade e tradición. Así, durante a Pascuilla, a música seguirá enchendo as rúas de Padrón con bandas como Los Wavy Gravies, Five Star Service ou Banda de Nash, ademais de orquestras como América, Kubo, Marbella e as padronesas Atenas e Charleston que suma xa dúas décadas enriba do escenario. O venres da Pascuilla estará marcado pola predominancia do rock, reforzando así a diversidade musical e apostando por novas propostas para todos os públicos.

A Banda da Loba, grupo galego integrado por cinco mulleres que fusionan pop, blues, folk e rock, será outro dos grandes atractivos destas festas en Padrón. Ademais, o Tributo a El Canto del Loco e as sesións dos diferentes DJs no Open Air garanten unha festa completa ata a madrugada.

Como antesala á tirada de fogos de artificio á medianoite do domingo de Pascuilla, que marcará un dos momentos máis destacados das festas, o público poderá gozar dunha serie de proxeccións audiovisuais que engadirán unha dimensión especial ao evento.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...