A Secretaría Xeral de Lingua achega aos concellos 350.000 € para a promoción do galego

10 Marzo 2025
Valentín García, secretario xeral de Lingua, unha imaxe de Xoán Crespo

A Xunta de Galicia acaba abriu o prazo para que as entidades locais soliciten as axudas destinadas a levar a cabo accións de promoción do uso da lingua galega, para o que a Secretaría Xeral da Lingua (Consellería de Cultura) achega 350.000 €. A convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia e aberta ata o 4 de abril, está dirixida a “fomentar a prestación dun servizo lingüístico, ben mediante a súa creación ou co reforzamento dun xa existente, promovendo o desenvolvemento de programas de dinamización en concellos”. Ademais, tamén se impulsa cos agrupamentos de municipios a incorporación de localidades de menos de 3.000 habitantes que se poidan atopar con menos recursos para desenvolver estas tarefas.

A iniciativa responde ao obxectivo do Goberno autonómico “de apoiar ás entidades locais no labor de normalización lingüística, en liña coas medidas incluídas no Pacto pola Lingua, colaborando con axudas económicas á posta en marcha e mellora dos servizos neste eido, tendo en conta que a administración local constitúe unha vía de dinamización da lingua prioritaria pola súa proximidade e o contacto mais directo coa cidadanía”. A Secretaría Xeral lembra neste senso que a Administración galega creou no 2010 a Rede de Dinamización da Lingua que busca “favorecer a acción conxunta e coordinada entre a Administración autonómica e a municipal no que ten que ver coa promoción e uso do galego”.

Ás axudas poden concorrer as propostas encamiñadas á creación e posta e marcha dun servizo lingüístico, habilitando deste xeito un departamento técnico inserido na entidade local co fin de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas, accións e actividades dinamizadoras co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os seus ámbitos de actuación, tanto a nivel interno como externo.

A achega tamén será de aplicación cando se trate de manter un servizo xa existente no concello dándolle continuidade ás súas iniciativas ou reforzándoo de maneira que se poida atender a necesidades como a incorporación de máis persoal técnico.

No que ten que ver cos proxectos obxecto da subvención, deben ser aqueles que impliquen a realización de accións e campañas de dinamización lingüística ben en formato material, como pode ser libros, audiolibros, xogos, ou representacións artísticas, ou ben no eido dixital como as propostas baseadas en soportes electrónicos, na web ou nas redes sociais.

Ademais, tal e como sucedeu en edicións anteriores, unha das accións destacadas obxecto da subvención é o reforzo da formación lingüística, impulsando cursos formativos de lingua galega coa implicación do propio persoal técnico dos concellos, debidamente cualificado. Neste senso, a información práctica sobre estes cursos como é o contido, os horarios, a inscrición e os puntos onde se impartirán poderá ser consultada no Portal da Lingua.

Outros artigos

Martes 20, retorno do anticiclón con algunha inestabilidade

Este martes, volveremos quedar baixo influencia anticiclónica, aínda que persistirá un certo grao de inestabilidade atmosférica. Agárdase unha xornada de alternancia de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos illados durante a tarde, sobre todo en zonas do...

+

“Adeus compañeira” – Fernando Sarasketa

No mediodía deste domingo 18 de maio miña nai, Mercedes Sarasquete Alonso (Cheché), finalmente cruzou a porta. Con 93 anos e xa con graves problemas cognitivos e de mobilidade un (eu) tenta prepararse para o inevitábel, e ter sempre presente que cada día podía ser o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.