A praia de Somorto (Esteiro) acolle o 12 de abril un obradoiro de iniciación á pesca submarina

19 Marzo 2025

Muros vai acoller esta primavera, o vindeiro 12 de abril un obradoiro de iniciación á pesca submarina. Será en horario de mañá, de 10.00 a 13.00 horas, na praia de Somorto, en Esteiro. Inclúe sesións de teoría e de práctica impartida polas instrutoras de pesca submarina Soraya Hermida, bicampioa galega e campioa de España 2024, e Belén Díaz, campioa da copa galega 2024.

“Nunha conversa con Soraya Hermida propúxonos a posibilidade de facer varios talleres na primavera e o verán por varios parroquias de Muros”, explicou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, engadindo que ademais de Soraya Hermida, estará tamén Belén Díaz, campioa da Copa Galega 2024, e que “despois desta primeira experiencia en Esteiro, haberá máis obradoiros en praias doutras parroquias”.

Será unha actividade con formación teórica e práctica para persoas maiores de 16 anos.

A alcaldesa de Muros, María Lago, destacou que é “unha iniciativa nova e unha moi boa oportunidade de coñecer esta modalidade deportiva nas praias de Muros da man de dúas especialistas como Soraya e Belén”.

Lembrar que na I Gala do Deporte do Concello de Muros, Soraya Hermida foi a gañadora na categoría de mellor deportista feminina do ano 2024.

Máis información e inscricións: 650 543 519.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.