A Pobra do Caramiñal sumará 25 contedores más na sexta campaña local de compostaxe

22 Marzo 2025


A Pobra do Caramiñal repetirá, por sexto ano consecutivo, a campaña de compostaxe dende a Concellería de Medio Ambiente e en colaboración con SOGAMA. “Dende 219, instalamos xa na Pobra 217 composteiros, maiormente na zona rural. A compostaxe é unha práctica de respecto e de coidado á natureza que consegue de forma efectiva reutilizar unha parte importante dos residuos orgánicos que se xeran nas casas, á vez que supón un aforro económico” – indicou Xosé Lois Piñeiro García, concelleiro de Medio Ambiente.

Aquel veciño ou veciña que teña interese en participar desta campaña deberá achegarse ao Concello a realizar a solicitude, onde se lle explicará o procedemento.

“Por parte do Concello colócase, de xeito gratuíto, o composteiro, un aireador e unha guía. Ademais, existirá un acompañamento técnico para garantir o bo funcionamento do sistema, coma nos anos anteriores” – engadiu Beatriz González Penalta, técnica de Medio Ambiente do Concello da da Pobra do Caramiñal.

Dende a Concellería de Medio Ambiente, destacan que ata hoxe tense evitado enviar a SOGAMA ata 9 toneladas de residuos orgánicos, xerando no proceso 2 toneladas e media de compost, cunha redución na emisións de residuos de tamén 2 toneladas e media de c02.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.