A música tradicional anegará a Pobra do Caramiñal na VII edición do Pasabares

20 Marzo 2025


O Concello da Pobra do Caramiñal ven de presentar, en conxunto coa Comisión de Festas de Carme do Castelo, a VII edición do Pasabares, que se celebra o vindeiro sábado 29 de marzo. Esta convocatoria, que contará con arredor de 25 grupos participantes e máis de 20 locais implicados, arrancará cunha foliada no Toldo da Covecha ás 18:00h, que servirá como previa ao inicio do Pasabares, que comezará ás 20:00h da tarde.

Unha vez chegadas as 23:30h, o grupo Os Enxebres de San Lázaro darán un concerto no Toldo da Covecha, tras o cal darase paso a unha foliada libre.

“O Pasabares é unha oportunidade perfecta para continuar apoiando, por unha banda, á música tradicional e a cultura do Concello da Pobra do
Caramiñal, e pola outra, á nosa hostalaría, que agradece a dinamización da vila que supoñen este tipo de eventos.”, declarou a edil Patricia Lojo.
Os asistentes terán a oportunidade, ademais, de acceder a un amplo abano de premios ofertados polos locais a través da compra das rifas do
Pasabares, que estarán a disposición de quen as solicite ao longo de toda a xornada. As bases do concurso están publicadas na páxina web da Concellería de Cultura.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.