A Marea de Noia alerta da situación crítica no porto de Testal e insta o seu dragado

31 Marzo 2025

A Marea de Noia alertou sobre a grave situación que está a vivir o porto de Testal debido á súa colmatación, que impide o atracado normal de varias embarcacións, incluídas as da Cofradía de Pescadores. Esta problemática está a causar importantes prexuízos no sector marisqueiro e pesqueiro, fundamentais para a economía local.

A pesar de que o goberno da Xunta comprometera o dragado do porto, a obra segue sen executarse, agravando unha situación que pon en risco a actividade diaria de numerosos profesionais do mar. “Non podemos permitir que a inacción da administración siga prexudicando á nosa xente do mar. O dragado do porto de Testal é unha necesidade urxente e debe acometerse de inmediato,” declarou Manolo Seijas, portavoz da Marea de Noia.

Ademais, a formación política esixe a Portos de Galicia que cumpra co compromiso adquirido e leve a cabo os traballos necesarios sen máis demoras. Tamén instan ás administracións competentes a establecer medidas de mantemento periódico para evitar que esta situación se repita no futuro. A Marea de Noia realizou un chamamento á sociedade e ás persoas afectadas para que se unan a esta reclamación en defensa dun sector produtivo esencial para Noia.

Por outra banda, a Marea de Noia propón impulsar unha acción formativa para que as traballadoras sen titulación poidan regularizar a súa situación laboral. “Non só queremos municipalizar o servizo, senón tamén mellorar as condicións laborais e garantir que o SAF funcione como merece a veciñanza de Noia,” engadiu Seijas.

Finalmente, o portavoz advertiu que a Marea de Noia continuará esixindo o cumprimento do acordo plenario: “Se o goberno pensa que imos esquecer isto, está moi equivocado. Seguiremos presionando e denunciando ata que o SAF pase a ser un servizo público, estable e de calidade, tal e como se aprobou hai máis de dous anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.