A IX Exposición da Camelia e do Bonsái de Padrón contará esta fin de semana con 72 expositores

29 Marzo 2025

Padrón celebra o sábado 29 e o domingo 30 de marzo a IX Exposición da Camelia e do Bonsái, un evento consolidado que cada ano atrae a seareiros e expertos de toda Galicia. A mostra dará cabida a 72 expositores, unha cifra que segundo informa a organización, supón “un incremento notábel respecto aos 34 inscritos no pasado ano e que reafirma a súa proxección”. Entre as novidades desta fin de semana destaca a presenza, por primeira vez, do CEIP Rosalía de Castro que amosará os seus exemplares.

A apertura da exposición será o sábado 29 de marzo a partir das 9:30 horas coa colocación das flores por parte dos participantes. A inauguración oficial está prevista para as 13:00 horas, momento no que se celebrará un acto de irmandade coa Exposición da Camelia de Vedra, que contará coa presenza do alcalde deste concello coruñés, Carlos Martínez (lembrar que ambos concellos xa realizaron este mesmo acto en Vedra o pasado 23 de febreiro, ademais,un numeroso grupo de veciños e veciñas desta localidade visitará a mostra pola tarde, despois dun percorrido polo Xardín Botánico e a Casa Museo de Rosalía).

A exposición deste ano inclúe unha mostra de bonsáis a cargo de Luis Baliño e de José Freire e novidades como unha mostra de xoiería elaborada con ouro, prata e cobre que emprega camelias e orquídeas como elementos inspiradores. Tamén se poderán adquirir produtos de cosmética feitos con aceite de camelia.

As persoas que se acheguen ao Convento do Carme poderán gozar dun amplo programa de actividades con obradoiros gratuítos para todos os públicos. O sábado pola tarde, desenvolveranse diferentes demostracións, entre elas un obradoiro de sombreiros sancosmeiros impartido pola Asociación A Pórtela Vella (16:30 horas) e unha demostración de arte floral con camelias a cargo de Floraría Chorima (18:30 horas).

O domingo a programación continuará con novas propostas, como un obradoiro de cerámica para nenas, nenos e persoas adultas (11:00 horas), unha visita guiada á exposición a cargo de José Freire (12:30 horas) e un taller de poda e coidado de froiteiras con Alfonso Touceda (16:30 horas). O evento pechará as súa portas o domingo ás 19:00 horas.

Galardóns con cerámica de Buño

O certame entregará diversos recoñecementos, incluíndo os premios Amigos da Camelia de Padrón, que distinguirán os mellores lotes de flores en distintas categorías, e o premio Orixe Galega á mellor flor individual de orixe galega. Como novidade, os galardóns serán pezas artesanais de cerámica de Buño.

A IX Exposición da Camelia e do Bonsái conta co apoio do Concello de Padrón e está consolidado xa como un referente no panorama cultural e natural de Galicia, destacando o valor ornamental e patrimonial desta especie.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...