A Garda Civil comisa 80 quilogramos de ourizo de mar en Aguiño por superar o límite permitido

18 Marzo 2025

A Garda Civil incautou 80 quilogramos de ourizo de mar en Aguiño ao superar o tope de extracción establecido. Ademais, os exemplares non alcanzaban a talla nin o tempo de maduración requiridos. Desde a Comandancia da Garda Civil da Coruña confirmaron o comiso, coa colaboración do Depósito aguiñense, cuxos vixiantes axudaron a devolver o recurso ao mar.

Este suceso ocorre en plena campaña de extracción do ourizo de mar, que se desenvolve durante 40 días entre febreiro e marzo. O límite diario de captura é de 20 quilogramos por tripulante e 40 quilogramos por embarcación, polo que a cantidade comisada superaba o permitido. A extracción concéntrase en zonas como Sálvora, Sagres, Couso, Corrubedo, Espiñeirido e O Feltro.

A pesar de que o mal tempo marcou o mes de febreiro, as condicións meteorolóxicas melloraron en marzo, permitindo unha mellor actividade pesqueira. Fontes da confraría calificaron a campaña como “bastante boa”, con bos resultados e expectativas favorables para as dúas semanas restantes. O prezo medio de venda na lonxa mantense en 10 euros por quilogramo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.