A Deputación promociona o turismo industrial da provincia na feira B Travel de Barcelona

27 Marzo 2025

A Deputación da Coruña participa un ano máis en B Travel, a feira de turismo industrial que se celebra en Barcelona do 28 ao 30 de marzo, visualizando e reivindicando o turismo industrial da provincia. Para isto, a entidade provincial conta con stand propio onde están presentes o Museo Estrella Galicia (MEGA). Ademais, a delegación da provincia da Coruña, encabezada polo vicepresidente da entidade e deputado de Turismo, Xosé Regueira, xunto coa deputada provincial Soledad Agra, presentará o venres ás 15h un fam trip polo territorio ante unha selección de operadores turísticos e axencias de viaxes de Cataluña.

Segundo explica a Deputación, “esta viaxe de familiarización co territorio está baseada no interese en dar a coñecer a súa potencialidade no marco do turismo industrial a potenciais vendedores do produto en Cataluña, mercado cun alto interese para o territorio coruñés”. Estruturase arredor de dous eixes. Por unha banda, téntase chegar ao maior territorio posíbel, abrangendo 6 xeodestinos e tanto zonas de costa coma de interior así como combinando visitas en cidades con visitas no medio rural. E, por outra banda, combínase a temática máis puramente industrial (como poden ser as visitas a MEGA ou a Ruta da Construción Naval) con dous eixes máis: o gastronómico, a través da campaña que está a traballar a Deputación A Paisaxe que Sabe contando con visitas a fábricas produtoras de queixo ou bodegas de viño e a artesanía, poñendo en valor tanto os modos de facer tradicionais (Ecomuseo Forno do Forte) como localizacións protoindustriais (Baleeira de Cee ou Astaleiro de Outes).

A programación da Deputación nesta feira completarase con presentacións do Museo Estrella Galicia, MEGA, e tamén da Factoría baleeira de Caneliñas (Cee). Representantes de MEGA expoñerán as peculiaridades do museo, e tamén ofrecerán degustacións das súas cervexas. E, por outro lado, dende o concello de Cee darán a coñecer o proxecto de Caneliñas, onde estivo a maior factoría de procesamento de baleas da Península Ibérica, a de maior duración de España e a última en pechar de toda Europa.

O congreso de turismo internacional celébrase na cidade condal desde este venres ata o domingo, onde expositores de toda España e representacións de diferentes países de Europa mostran diferentes aspectos turísticos das súas terras. Trátase dun escaparate da oferta de turismo industrial e punto de encontro dos profesionais e afeccionados desta proposta turística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.