A Cátedra Valle-Inclán homenaxeará in memoriam o profesor Javier Serrano Alonso

18 Marzo 2025

A Cátedra Valle-Inclán da USC, no marco do 50 Aniversario da Facultade de Filoloxía, organiza para o 26 de marzo unha serie de actos In Memoriam de Javier Serrano Alonso (1962-2024), recoñecido valleinclanista, profesor do Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral e membro do Grupo de Investigación Valle-Inclán e da Cátedra homónima. O acto estará presidido polo vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo.

A programación dará comezo ás 12.00 horas cunha conferencia do profesor Iglesias Feijoo no Salón de Graos do centro, tras a que terá lugar a presentación do libro de Serrano Alonso Ramón del Valle-Inclán. El Trueno Dorado, Edición facsímil, diplomática y crítica, publicado na Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán de Edicións USC e a inauguración da exposición El Trueno Dorado de Ramón del Valle-Inclán no segundo andar. Na súa innovadora obra, Javier Serrano Alonso analiza as vicisitudes do proceso de escritura e publicación desta novela valleinclaniana, ofrecendo por primeira vez unha edición facsímile, diplomática e crítica tanto en soporte papel como en formato dixital.

Exposición El Trueno Dorado de Ramón del Valle-Inclán
A exposición céntrase en ilustrar, a través de imaxes e da documentación pertinente (manuscritos, ilustracións, fotografías, edicións e outros materiais), a complexa historia da novela póstuma de Valle-Inclán. Esta obra foi escrita durante a súa estadía en Santiago no ano 1935, cando o autor, enfermo de cancro, estaba sendo tratado no sanatorio do Doutor Villar Iglesias. Durante este período, Valle-Inclán traballou na súa novela ata poucos días antes do seu falecemento, o 5 de xaneiro de 1936. A obra foi publicada post mortem no diario madrileño Ahora.

Esta mostra permanecerá aberta de 8.30 a 20.30 horas ata o 9 de abril, cando será clausurada cunha segunda conferencia impartida por Javier del Valle-Inclán Alsina ás 12.00 horas no Salón de Graos da Facultade.

Filoloxía. Foto: Santi Alvite

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.