A Aula CeMIT de Ribeira acollerá un novo ciclo formativo sobre ciberseguridade

26 Marzo 2025

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) inicia o venres 28 de marzo na Coruña un novo ciclo formativo sobre ciberseguridade que se desenvolverá nas aulas CeMIT de 21 concellos de Galicia.

O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ás persoas maiores, da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.

As sesións formativas estenderanse ata o mes de maio, baixo o lema Ciberseguridade, os teus primeiros pasos e desenvolveranse de xeito presencial.

O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de Abegondo, A Caniza, A Bola, Brión, Catoria, Celanova, Cuntis, A Fonsagrada, Eirís (A Coruña), Fisterra, Guitiriz, Leiro, O Porriño, Ortigueira, O Vicedo, Pontevedra, Ribeira, San Sadurniño, Valga, Vigo, Vimianzo.

Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e contarán cunha duración de dúas horas.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.