A situación meteorolóxica mantense estable, con circulación do sur algo máis intensa. Agárdase unha xornada de ceos parcialmente nubrados, con maior presenza de nubes na costa atlántica, onde non se descartan orballos nas primeiras horas.
As temperaturas continuarán sen cambios significativos. O vento soprará do sur con intensidade moderada en terra, mentres que no litoral da Coruña será forte, especialmente no mar.

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 5 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3 a 3.5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 4 a 4.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



