Villares inaugura unha nova oficina Es.Mar na Coruña e avanza a posta en marcha doutra sede en Ribeira

26 Febreiro 2025
Fotos de Moncho Fuentes

A Xunta avanzou este martes 25 de febreiro que vai seguir despregando a nova rede de oficinas Es.Mar Economía Azul de Galicia por todo o litoral galego, unha rede cuxo obxectivo é axudar ao conxunto da cadea mar-industria a sacar o máximo aproveitamento dos recursos do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA). Esta información foi achegada polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que inaugurou unha oficina da rede na cidade de Coruña, onde sinalou que “este servizo actuará como acelerador de proxectos de sector pesqueiro o que permitirá afondar na súa modernización e transformación, algo imprescindíbel ao tratarse dunha actividade estratéxica para a economía galega”. Villares puxo o foco na importancia do porto coruñés e da súa área de influencia no ámbito da pesca, ocupando o primeiro posto en descarga de peixe fresco e o segundo por facturación, cunha produción de preto de 27 mil toneladas que alcanzan un valor de máis de 73 millóns de euros no conxunto dos vinte concellos que serán atendidos por esta nova oficina Es.Mar.  

O conselleiro, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, explicou que “a oficina da Coruña conta cun equipo especializado e con experiencia previa en contratación pública para enfrontar con solvencia o reto de incrementar as axudas concedidas e fortalecer o grao de diálogo co sector e o tecido empresarial”.

Esta rede forma parte do paquete de medidas posto en marcha polo Goberno galego para acadar un maior aproveitamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. Entre elas tamén destacan accións “como a ampliación dos recursos humanos, reprogramacións das medidas ou a simplificación das convocatorias, coas cales mitigar os obstáculos aos que se enfronta a pesca galega á hora de acceder a estes recursos debido á lexislación complexa e confusa do fondo que deriva nun atraso xeneralizado da tramitación e a incoherencia entre os prazos temporais administrativos cos biolóxicos e operativos do sector”, sinalou o conselleiro, engadindo que a Comunidade ten asignados 4 de cada 10 euros destinados ás autonomías o que supón máis de 366 millóns de euros. Uns recursos, dixo, fundamentais para o conxunto da cadea mar-industria, estratéxica para a economía galega, e que serven para a consecución de obxectivos como a mellora da súa competitividade e sostibilidade.

Recordou tamén que a oficina da Coruña súmanse as de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Ferrol, ás que se engadirán nos vindeiros días dúas máis localizadas en Ribeira e Viveiro, abranguendo o conxunto do litoral galego nas que a Xunta investiu máis de 1,8 millóns de euros na súa posta en funcionamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.