O Local Leñaverde do Centro Social de Boiro acolle este sábado 22 de febreiro un destacado concerto para a mocidade local, a cargo do grupo emerxente Vértigo, a partir das 20.00 horas (e co remate previsto para as 21.30 horas aproximadamente). A entrada será de balde.




