Venres 7, inestabilidade con chuvascos e descenso das temperaturas

06 Febreiro 2025

Este venres, festividade de San Ricardo, Galicia permanecerá baixo a influencia dunha masa de aire frío en altura, o que deixará unha xornada marcada pola inestabilidade atmosférica. Agárdanse ceos nubrados con chuvascos, máis intensos e probables durante a mañá, que irán remitindo ao longo do día. A cota de neve situarase arredor dos 1300 metros nas primeiras horas.

As temperaturas experimentarán un descenso lixeiro a moderado, sobre todo nas máximas. Os ventos soprarán do nordés con intensidade moderada no litoral, reforzándose pola tarde entre Bares e Fisterra, onde serán fortes. No resto do territorio, serán frouxos.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste á mañá e do nordés á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.