“Un verme ameaza o futuro ostrícola de Galicia. Procede do Pacìfico e xa foi detectado en Ribadeo” – Antón Luaces

17 Febreiro 2025

O verme ten, obviamente, nome científico: Postenterogomia orbicularis. Foi localizado recentemente na ría de Ribadeo, onde existe un importante criadeiro de ostras que nestes momentos engorda a 1.700.000 exemplares que están en distintas etapas de crecemento desde que foron sementadas e que, aos dous anos e medio acadarán o tamaño estimado para a súa recolleita e venda.

O verme chama a atención dos ostreiros galegos e, obviamente, da Consellería do Mar da Xunta de Galicia porque é, potencialmente, un perigo a combater e non só polas ostras, senón tamén por bivalvos coma o mexillón ou a ameixa.

Un estudo realizado pola Universidade de Oviedo e o Servizo Rexional de Investigación e Desenvolvemento Alimentario (Serida) de Asturias deu coma resultado o descubrimento en territorio asturiano -segundo publica un xornal galego- dun verme nativo de Nova Zelanda (Océano Pacífico) que se alimenta de bivalvos cunha voracidade tal que pon en risco os ecosistemas mariños e a industria acuícola das zonas nas que o verme se establece. 

Ata febreiro de 2023 nada se sabía dese verme como residente en Europa, máis un ano  despois era detectado por primeira vez no porto asturiano de Avilés e máis no deportivo de Xixón. Pero en xullo de 2024 tamén se capturaron unha vintena de espécimes nunha praia natural na entrada da ría de Avilés. O verme ficaba no interior de ostras mortas.

 Actualmente os investigadores falan da necesidade de aplicar medidas de control que impidan a expansión desa especie invasora, xa que logo en xullo de 2024 atopáronse na ría avilesina exemplares do verme que portaban ovos. E a semana pasada, o biólogo da confraría de pescadores de Ribadeo daba conta da localización do primeiro exemplar dese verme invasor nos mexillóns do porto ribadense. Este feito conduciu a tentar evitar que a especie poida desprazarse e invadir novas zonas da costa asturiana e Galicia, mobilizando a Consellería de Pesca da Xunta os medios necesarios para coñecer se o verme chegou a outras zonas ostrícolas desta comunidade autónoma, nomeadamente das Rías Baixas, nas que se leva a cabo a semente de ostra procedente de Francia por se esta puidera verse afectada polo verme sendo como é a zona unha fonte de enorme riqueza econóimica e social.

Vai uns 40 anos, un criadeiro de ostra autóctona como era a que se producía na ría de Ortigueira estragouse case por completo debido á semente na mesma ría de cría de ostra francesa que rematou por devorar á propia desa ría. Desde aquela nunca a de Ortigueira volveu ser a ría ostreira que fora.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.