“Un cargueiro propiedade de armadores alemáns continúa no porto de Vigo con preto de 2.000 toneladas de munición en 96 contedores” – Antón Luaces

05 Febreiro 2025

Trátase do cargueiro HC Eva Marie que permanece atracado no peirao transversal do porto vigués cunha carga estimada de 1.920 toneladas de munición (un promedio de 20 toneladas por cada un dos 96 contedores que transporta dende Xordania a Alemaña). O buque, de 7.878 toneladas pertence á armadora alemana HC Eva Marie Schiffanrts UG, ten bandeira de Antigua e Barbuda e foi construido no ano 2.007. Chegou ao porto vigués o pasado 26 de xaneiro para constatar o estado da carga após soportar o temporal (con ondaxe de ata 10 metros) que se rexistraba no Atlántico. 

O barco transporta 96 contedores  con carga de munición de clase I, División 1.1 Tipo E, a máis explosiva que existe segundo a clasificación recollida no Real Decreto 145/1989.

O pasado luns, a autoridade portuaria de Vigo sinalaba  nun comunicado feito público que a munición que transporta o HC Eva Marie está desmontada, tal e como se estipula nas normas jnternacionais para o movemento desta mercadoría. Os danos causados polo furacán que azoutou a costa galega  só afectaron ao exterior dos contedores, pero non á mercadoría. A carga está correctamente estibada  e dentro das caixas de proteción. O cargueiro está vixiado pola Policía Portuaria e a Garda Civil, amáis dun equipo de seguridade privado de 24 horas. A Autoridade Portuaria elabora un plan de seguridade que contempla a posibilidade de mover os contedores en bo estado a unha bodega baleira do navío para illalos dos que están danados. Posteriormente, persoal especializado trasladará a carga dos que están danados a outros contedores xa preparados para ese trasvase, pero en ningún caso se fala de desembarcar no peirao a mercadoría.

Oficialmente, a Autoridade Portuaria de Vigo debe coñecer con exactitude, polo manifesto de carga do HC Eva Marie, a carga que este transporta. Pero non se especificou -confirmando ou non tal estremo- si son obuses, o que en caso de confirmación, tampouco supón -segundo se dí no ámbito portuario- “ningún risco” porque o temporal non danou a carga, aínda que sí algúns contedores.

Non pretendo poñer en dúbida, nen moito menos, os coñecementos da Autoridade Portuaria de Vigo, pero fío máis nos coñecementos do decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Manuel Rodriguez Méndez, quen fala de que a devandita carga “ten un gran poder detonante” para engadir apelando á perigosa mercadoría que transporta o cargueiro que “Por poder, pode haber unha bomba atómica”. Ninguén amosou o manifesto de carga e non deixa de ser chamativo o feito de que se transporte dende Xordania a Alemaña este tipo de carga. 

O decano dos químicos galegos non fixa a súa atención exclusivamente na carga explosiva, senón en como pode estar almacenado o material explosivo que vai a bordo: “Non deberiamos alarmarnos porque iso ten que se transportar de xeito que non supoña un risco para o transporte. A súa capacidade de destruir vai depender de como estea embalado”, afirmou.

Polo de agora non se aportan datos sobre cando o cargueiro vai abandonar o porto de Vigo.  

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.