Últimos días para visitar en Rianxo a mostra “Os homes, por Castelao”

06 Febreiro 2025

O Concello de Rianxo lembra que esta semana constitúe a recta final para visitarmos a exposición Os homes, por Castelao, na colección de Roberto Taboada, unha mostra de gravados organizada polo Concello de Rianxo e a Fundación Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, no marco dos Actos Castelao 2025, que conmemoran os 75 anos da morte do escritor e artista rianxeiro. A exposición poderase visitar no Auditorio de Rianxo até este sábado 8 de febreiro, en de 10:30 a 14:45 horas, coa excepción do sábado 8 que tamén se poderá visitar de 18:00 a 20:00 horas.

A proposta artística pon o foco na parte da creatividade de Castelao que empregou para plasmar as diferentes tipoloxías masculinas do seu tempo. A mostra, que xa puidemos ver no Museo do Gravado de Artes (co-organizador da actividade a través da súa fundación), exhibe os traballos do rianxeiro publicados no xornal vigués Galicia durante o ano 1925 e logo utilizados na publicación Cincoenta homes por dez reás (1930). Por primeira vez poderanse ver as 68 pranchas de cinc orixinais utilizadas na prelo da publicación acompañadas polas publicacións orixinais do xornal Galicia. Amais, exponse unha pequena mostra de distintas edicións do volume Cincoenta homes por dez reás.

Colaboran na edición do catálogo o Concello de Rianxo e o Concello de Ribeira.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.