Stop Deshaucios Barbanza tenta mediar no posíbel desaloxo dunha familia de Fisterra impulsado por unha entidade financeira

01 Febreiro 2025

Novamente a Plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza (Plataforma Stop Deshaucios Barbanza) pon o foco no importante número de familias da nosa comarca e doutras contornas próximas que sofren para chegar a fin de mes e teñen que vivir co ameaza constante de quedar sen solución habitacional. Esta vez a plataforma comparte o caso dunha familia de Fisterra que acudiu á asociación para que medie ante a entidade financeira de Caixabank ao obxecto de negociar un alugueiro social e poder seguir vivindo na súa vivenda unifamiliar. A entidade financeira presentou unha execución hipotecaria ante o Xulgado Número 2 de Corcubión ao obxecto de sinalar data para o desaloxo definitivo, tras a oposición á execución.

Stop Deshaucios fai saber que a vivenda foi construída pola propia familia agora ameazada con ficar na rúa e que a hipoteca contratada con Caixabank converteuse nunha lousa logo das débedas xeradas pola compra dunha embarcación pesqueira que non puido xerar os ingresos agardados, débedas que tamén se estenderon a Facenda e á Seguridade Social. Tralos problemas coa entidade financeira, esta propúxose facerse coa súa vivenda habitual. “No seu momento pensaron en optar pola Lei da Segunda Oportunidade pero tiñan moito medo en perder a vivenda habitual, de igual maneira”, fan saber dende a plataforma, engadindo “a familia o único que desexa é continuar na vivenda, ao ser vulnerábel, a través dun Alugueiro Social, de acordo co Código de Boas Prácticas ao que tamén se adherira, no seu momento, esta entidade financeira”.

Outros artigos

A serie Ágata y Lola chega á Mostra de Curtas Vila de Noia

Este venres 13 de novembro, ás 20:30 h, o Liceo de Noia acollerá unha proxección especial da serie de Atresmedia Ágata y Lola, dentro da programación da XXVII Mostra de Curtas Vila de Noia. As entradas entregaranse este xoves 12 de 18:30 a 20:30 h e tamén ao remate da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que deseo de mis escritos” – Manuel Domínguez

“Que deseo de mis escritos” – Manuel Domínguez

Me gustaría, que las palabras fuesen sonoras, es decir que no las pronuncies con tu voz, que las lean tus ojos, y ellas explosionen como un parto y salgan a la vida, que sean sonoras, que hablen, que te hablen a ti en exclusiva. En el silencio se reflejan en tus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.