Ribeira presenta unha semana chea de actividades para honrar a Rosalía de Castro

17 Febreiro 2025

O Concello de Ribeira presentou as actividades que se van a desenvolver para conmemorar a efeméride do Día de Rosalía de Castro, este domingo 23 de febreiro. Á presentación acudiron, o rexedor, Luís Pérez, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e a técnica de Normalización Lingüística, Alicia Padín, quen explicou que malia que “o Día de Rosalía é oficialmente o día 23 de febreiro, imos festexar esta celebración durante toda a semana facendo diferentes actividades sendo unha parte moi importante dirixidas ao sector educativo”.

Pola súa banda, o alcalde, Luís Pérez Barral debullou polo miúdo os seis eventos programados para o Día de Rosalía: “Temos actividades para todos os públicos xa que para rapaces e rapazas contaremos cun obradoiro de narración oral, un recital poético e un obradoiro de pandeireta; para a mocidade haberá un concerto e para as persoas adultas regalaremos flores e libros o día 21 ou degustaremos un Caldo de Gloria o domingo 23 de febreiro”. Pérez Barral resaltou a colaboración xunto coa Fundación Rosalía nun par de actividades especiais. Unha destas actividades será unha cita institucional na mañá do día 19 ás 12.30 h da mañá, na Casa da Xuventude de Ribeira, onde está previsto facer a plantación da Figueira de Rosalía que doa a dita institución con sede en Padrón. Neste evento tamén estará o seu presidente, Anxo Angueira, para afianzar esta irmandade entre o Concello e a Fundación Rosalía de Castro. Outra colaboración será a degustación do Caldo de Gloria o domingo 23 nos diferentes establecementos de hostalería de Ribeira a quen o rexedor agradeceu a súa colaboración “por promocionar un día tan importante como é o de Rosalía de Castro”.

Pérez Barral falou da necesidade de poñer en valor a nosa lingua “sobre todo nun momento onde os datos estadísticos están demostrando que se deben aprobar medidas que fomenten o uso da lingua galega e fomenten a transmisión xeracional por parte de pais e nais a fillos e fillas” e engadiu que “Queremos potenciar o uso do galego en tódolos ámbitos e dende o Concello de Ribeira estamos traballando firmemente para que a lingua galega sexa unha lingua de uso habitual. Neste sentido informou de que dende o Servizo de Normalización Lingüística estase a impulsar unha iniciativa para que calquera persoa con independencia da súa condición e da súa nacionalidade poda vivir integramente en lingua galega”.

Programación

Día de Rosalía de Castro en Ribeira 2025

-Pre-estrea. Axudádeme a cantar de Felisa Segade e Montse Rivera

(A partir de Agora que vén a noite de Marcos Calveiro)

Data: 18/02/2025, martes

Hora: 11.00 h

Lugar: Auditorio Municipal

Dirixida a público de ensino secundario.

-Acto de plantación da Figueira de Rosalía de Castro

Fundación Rosalía de Castro e Concello de Ribeira.

Coa participación do gaiteiro Alberto Millán

Data: 19/02/2025, mércores

Hora: 12.30 h

Lugar: Exterior da Casa da Xuventude (Avda. da Constitución)

-Día de Rosalía. Os cantares de Rosalía con María Faltri

Concerto e recital na honra de Rosalía

Data: 20/02/2025, xoves

Hora: 11.00 h

Lugar: Auditorio Municipal

Dirixida a público de ensino primario.

-Día de Rosalía na Biblioteca Municipal de Ribeira

Data: 21/02/2025, venres

Horario: de 9 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h

Lugar: Biblioteca Municipal de Ribeira

As persoas usuarias da biblioteca poderán achegarse á obra de Rosalía e levarán un caravel para a súa honra e recordo.

-Rosalía Cantareira de Jara Ortiz

Obradoiro de pandeireta e espectáculo de narración oral para nenos e nenas

de 3 a 12 anos e as súas familias.

Data: 22/02/2025, sábado

Hora: 12.00 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

-Caldo de Gloria. Día de Rosalía

Data: 23/02/2025, domingo

Os establecementos hostaleiros de Ribeira convidan a súa clientela ao Caldo de Gloria na honra de Rosalía. Cocoluche; Tagen Ata; Castelao; A Recoveira; Plaza; Pedra Pateira; D’Vicio; Central

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.