Este domingo 23 de febreiro celebrouse ao mediodía, no Paseo da Ribeira de Rianxo, o tradicional acto en recordo de Rosalía de Castro, Filla Adoptiva do concello.

Xunto coa ofrenda floral no monumento da autora, levouse a cabo, como cada ano, unha lectura colectiva de poemas por parte do alumnado dos centros educativos do municipio, así como do público asistente.
O tenente de alcalde, Julio Alcalde, e a concelleira de Lingua e Patrimonio, Olalla Figueira, presidiron os actos de homenaxe.

Pola súa banda, o alcalde Julián Bustelo participou nos actos conmemorativos celebrados en San Domingos de Bonaval (Santiago), no Panteón de Galegos Ilustres.
Lembrar que este domingo 23 celebrouse o Día de Rosalía, coincidindo coa data finalmente aceptada do seu nacemento. Este ano conmemórase o 188 aniversario do seu nacemento.




