Rianxo acollerá a presentación do novo libro do escritor local Óscar Reboiras “El Caso Salgueiro” (Alfaguara)

20 Febreiro 2025

A próxima semana chega ás librerías de toda España, da man da Editorial Alfaguara, o libro El caso Salgueiro, a obra gañadora II Premio de Novela Galicia Rural 2022 do escritor rianxeiro Óscar Reboiras Loureiro. Coincidindo con este destacado lanzamento de Alfaguara, unha das máis prestixiosas editoriais do ámbito hispanoamericano, o vindeiro venres 28 o Centro Cultural da Capela no Araño acollerá a presentación do libro coa presenza do autor, que estará acompañado por José Mª Rodríguez (Pepe de Pila), escritor e profesor.

A actividade está organizada pola Asociación de Veciños do Araño e a Asociación Carballeira de Baia coa colaboración do Concello de Rianxo

Contarase cunha intervención musical a cargo de alumnado da Escola de Música de Rianxo.

A cita será como dixemos no Centro Cultural da Capela – O Araño, o venres 28 a partir das 20.30 horas.

Sinopse

Unha tarde xeada de febreiro, dous obreiros atopan uns restos humanos baixo a neve en Salgueiro, unha antiga aldea abandonada do Parque Natural do Xurés. O último dos nove cadáveres achados foi enterrado apenas dúas semanas antes e todos os corpos parecen debuxar unha estrela cun círculo ao redor. O principal xornal local envía a Fina, unha recentemente licenciada en xornalismo, a cubrir o suceso, pero ninguén pode acceder á estrada que sobe cara a Salgueiro porque Arturo León, un poderoso empresario sen escrúpulos, está a tentar tapar o descubrimento para que as súas especulacións inmobiliarias non se vexan afectadas. A investigación da nova xornalista destapará a historia duns brutais asasinatos cometidos na zona durante os anos sesenta, pero tamén unirá a tres almas solitarias fronte aos abusos de poder e a un misterioso asasino sen identidade.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.