Rescatado un parapentista accidentado en Cans, no Concello de Porto do Son

16 Febreiro 2025

Efectivos do Parque Provincial de Bombeiros de Ribeira interviñeron esta tarde no rescate dun parapentista que sufriu unha caída nunha finca no lugar de Cans, no concello de Porto do Son.

O operativo de emerxencia activouse tras recibir o aviso do accidente, mobilizando os bombeiros de Ribeira, o helicóptero H3, os servizos sanitarios do 061, o GES de Noia e a Garda Civil.

O accidente ocorreu un cuarto de hora despois das 15:00 horas. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, unha persoa en parapente caera nunha finca a carón da AC-550, no quilómetro 83.

Con esta información, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribeira, ao GES de Noia, á Policía Autonómica e á Local, á Garda Civil e á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.

A dotación de bombeiros axudou a transportar ao implicado ata o helicóptero medicalizado que mobilizou as urxencias sanitarias, para que logo fose trasladado ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Parque Bombeiros

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.