Proseguen as rutas saudábeis de Porto do Son

03 Febreiro 2025

Os veciños e veciñas de Porto do Son continúan gozando e descubrindo novos recunchos do municipio co programa Paseos saudables. Quen move as pernas, move o coraSON. Tralo éxito acadado na anterior edición, o Concello decidiu dar continuidade a esta iniciativa, que busca fomentar a actividade física e crear novos lazos sociais entre a veciñanza.

Os paseos, nos que poden participar todas as persoas que así o desexen, independentemente da súa idade, saen todos os venres ás 10:30 horas do Club de Xubilados. Adoitan ser dunha hora de duración e de dificultade baixa, o que permite desfrutar das fermosas paisaxes que compoñen o termo municipal.

As inscricións pódense realizar na Oficina Municipal de Deportes e no Centro de Saúde de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...