O Concello de Porto do Son adheriuse un ano máis ás celebracións do Día Mundial Contra o Cancro, que se conmemora internacionalmente este martes 4 de febreiro co obxectivo de visibilizar a enfermidade, emitir unha mensaxe de esperanza a quen a padece e reclamar máis recursos na investigación da doenza. Polo que respecta ás actividades de Porto do Son, o Concello iluminou de verde a estacada da fachada marítima con motivo Día Mundial Contra o Cancro.
O Concello de Porto do Son uniuse en esta iniciativa coa Asociación Española Contra el Cáncer, Asociación Española Contra o Cancro A Coruña e a AECC Porto do Son en sinal de apoio con todas as persoas que día a día batallan contra esta doenza, así como as súas familias.
