“Por fin: 163 millóns de euros para modernizar os medios de Sasemar” – Antón Luaces

06 Febreiro 2025

O Consello de Ministros aprobou o Plan Nacional de Servizos Especiais de Salvamento da Vida Humana no Mar e da loita contra da contaminación do Medio  Mariño para o período 2025-2027. Un Plan que prevé un  investimento de 162,7 millóns de euros para modernizar os medios de Salvamento Marítimo (SASEMAR) e dar pulo á sostibilidade.

Para a renovación de embarcacións destínanse 84,6 millóns de euros, aos que se suma a adquisición dun helicóptero de gran porte cun orzamento de 27 millóns de euros (será o que tiñan previsto emprazar en Cee?). En total, 111,6 millóns de euros en tres anos, entre embarcacións e o helicóptero, con financiamento do Banco Europeo de Investimentos. O Plan contempla un investimento en tres anos semellante ao anterior en catro anos: 173,6 millóns de euros entre 2021-2024.

O obxectivo é reforzar o sistema de reposta a incidentes e accidentes marítimos, implementar novas tecnoloxías, potenciar a loita contra o cambio climático e fomentar a seguridade e a protección  dos mares e océanos. Un Plan que xira en torno a dous eixes e dúas liñas estratéxicas na liña das principais políticas e disposicións legais nacionais e internacionais: servizo público eficaz e eficiente, coa incorporación e modernización de medios, mellora da capacitación profesional, coordinar, avanzar cara á transformación dixital e a innovación. Contempla tamén a construción  de dous remolcadores, dúas novas patrulleiras de salvamento, seis embarcacións lixeiras  de acción rápida, un helicóptero, un centro de coordinación en Palma de Mallorca e a incorporación de drons. 

É un pulso á sostibilidade do transporte marítimo coa supervisión das normas de descarbonización, a vixilancia e a protección fronte a vertidos mariños e a prevención da contaminación dos parques eólicos e divulgación do medio ambiente.

Un paso avante na seguridade dos traballadores do mar.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...