“Polas nubes” – Xulio Xiz

05 Febreiro 2025

Hai algo menos dun século, España espertou ao turismo de calidade promovendo a construción de Paradores en edificios históricos, ao nivel preciso para recibir visitantes de alto nivel adquisitivo. E cando o turismo funcionou á perfección, con estas instalacións satisfacíanse as necesidades, e as posibilidades, dos economicamente fortes, elevábase o nivel de oferta, posibilitábase que as clases medias puidesen ir accedendo, e que os menos podentes ao mellorar a economía, fosen incorporándose ao consumo.

Seguindo os Paradores o seu camiño, a clase dirixente aprendeu que no mercado libre, as elevacións dos prezos na oferta pública e na privada poderían xustificarse pola subida do nivel de servizos. E que esta xustificación non faría falla en lugares ou situacións, nas que a oferta única permitiría prezos abusivos en lugares nos que auténticos monopolios desfrutan de absoluta liberdade.

Podemos falar das áreas de servizo en autovías e autoestradas, onde os niveis de prezos está manifestamente por riba da realidade das zonas inmediatas, pero especialmente dos aeroportos onde por servizos medianos, autoservizos, e alimentos plastificados cóbrase como se fosen cociñados polos mellores chefs e servidos por profesionais que se desfán en atencións.

Nos aeroportos practícase a tortura de xeito refinado, coas cousas de comer a prezos desorbitados, e un séntese sospeitoso cando o cachean, alguén o trata despectivamente, ou lle pasan un detector de droga a unha nena de 13 anos. Todo sexa pola economía, polo turismo, pola seguridade, e porque xa estamos moi afeitos a que todos os produtos que precisamos se poñan polas nubes.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.