O Concello de Outes organiza o servizo de conciliación Tempo de Entroido, do programa Outes Concilia, destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos. Dito servizo, encamiñado a achegar opcións creativas e de lecer ás familias durante o tempo de vacacións da rapazada, desenvolverase os días 3 e 4 de marzo, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes. O prazo de inscrición é do 12 ao 21 de febreiro. Quen precise máis información e condicións do servizo, tena na web municipal do Concello, así como tamén os documentos coa folla de inscrición e o consentimento para o tratamento de datos persoais.




