Os empresarios de Ribeira agasallan entradas para o concerto de Remember Queen e a actuación do mago Dani Polo

03 Febreiro 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira iniciou este mes de febreiro unha nova campaña, Cultureando por Ribeira, que comezou oficialmente este luns día 1 e que inclúe un sorteo dirixido a todos os clientes que fagan as súas compras e consumicións nos establecementos comerciais e hostaleiros asociados. O obxectivo fundamental da campaña é “incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira”. A promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día 3 ao 19 de febreiro de 2025.

Segundo explicou a patronal, a forma de participar será mercando e consumindo en calquera negocio integrado na entidade. Logo os clientes deberán rexistrar o seus tíckets de compra na páxina web da asociación, na sección de sorteos. Sortéanse 10 entradas dobres para as actuacións Auditorio de Ribeira os días 15 de febreiro (Remember Queen) e 22 de febreiro (ilusionista Dani Polo-Euforia). En concreto, sortearase unha entrada dobre cada día, durante o 6, 7, 10, 11 e 12 de febreiro para a actuación Remember Queen e os días 13, 14, 17, 18 e 19 de febreiro para actuación Ilusionista Dani Polo-Euforia. Esta campaña está financiada pola Deputación da Coruña. Máis información na web da patronal ou a través da conta correo@empresariosriveira.com.

Remember Queen é o espectáculo homenaxe ao mítico grupo británico Queen que triunfa desde o ano 2005 nos mellores escenarios de toda Europa co mellor dobre do mundo Piero Venery. Tras estar presente un mes na Gran Vía de Madrid obtiveron un éxito rotundo en máis de 100 cidades durante os últimos anos, xuntando en total un millón de persoas.

O ilusionista Dani Polo é unha das grandes promesas da maxia galega e do resto do ámbito estatal. Malia a súa xuventude, ten máis de 10 anos de traxectoria polos escenarios nacionais e europeos. Dani Polo natural de Melide e Premio Nacional de Maxia, presentou o seu espectáculo Euforia que vén sendo un soño dun neno que de pequeno namorouse da maxia ao ver un mago na TV. É un espectáculo de maxia de gran formato onde persoas xorden da nada, levitan no escenario ou se cortan en múltiples anacos…

Día e hora

Remember Queen, sábado 15 de febreiro ás 21.00 h

Dani Polo Euforia, sábado 22 de febreiro ás 20:00 h

Lugar

Novo Auditorio Municipal

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...