Once locais de hostalería celebran en Rois o Día de Rosalía repartindo gratis unha tapa de Caldo de Gloria

23 Febreiro 2025

Once locais de hostalería de Rois participaron este domingo 23 de febreiro na iniciativa do Concello de conmemorar o Día de Rosalía (este 23 de febreiro) repartindo tapas de Caldo de Gloria entre a súa clientela. A ampla programación para celebrar o Día de Rosalía incluíu tamén actividades musicais, un sorteo en redes sociais.

Casa Benjamín

Este domingo, once establecementos hostaleiros ofreceron unha tapa de Caldo de Gloria a todas as persoas que se achegaron a tomar algo a estes establecementos. A tapa ía acompañado dun orixinal pousavasos no que recollía un fragmento do poema Miña casiña, meu lar. Nesta iniciativa participaron Mesón A Casiña, Café-bar A Lúa, Taberna Angueira, Hotel Camiño do Mar, Taberna Casa Benjamín, Casa rural Fogar do Selmo, Bar Muelle, Bar O Pemento, e o restaurante do Club de golf Val de Rois. Pola tarde sumáronse o Café-bar Malecón e Taberna Venezuela.

Café bar A Lúa

Como parte da homenaxe, o Concello distribuiu 2.025 manteis e 1.000 pousavasos conmemorativos entre os locais de hostalería, os centros educativos CPI Os Dices, CPPI O Pumar e A Galiña Azul, así como na Asociación Amipa e no Centro de día de Urdilde.

A música tivo tamén un papel fundamental nesta conmemoración, cunha serie de concertos organizados no Auditorio municipal. O venres 21 e o sábado 22 de febreiro, a Escola Municipal de Música de Rois ofreceu dous concertos de solistas, mentres que estes domingo 23 alumnado da ESMU participou con Xoán Curiel no seu espectáculo Treides comigo!.

Taberna O Pemento

Ademais, ata final deste mes de febreiro, a Biblioteca Municipal de Rois contará cun espazo dedicado a Rosalía, onde as persoas visitantes poderán descubrir novas adquisicións literarias sobre a escritora e facerse unha foto no posadoiro especial preparado para a ocasión.

Café bar El Muelle

Un ano máis, o Concello anima a toda a cidadanía a compartir contidos relacionados con Rosalía nas redes sociais ata o 28 de febreiro, utilizando os cancelos #RoisconRosalía e #DíadeRosalía. Entre todas as persoas participantes sortearanse dous lotes de libros sobre a autora, un en Facebook e outro en Instagram.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.