O PSdG di que a Xunta dálle as costas ao marisqueo e négalle as axudas pola “caída de produción”

18 Febreiro 2025

O socialistas galegos emitiron este 18 de febreiro un comunicado no que critican a actitude da Xunta ante as necesidades dos mariscadores das nosas rías afectados polo peche dos bancos. O PSdG, a través do deputado Julio Abalde, di non comprender os porqués da negativa do Partido Popular á actividade das axudas a estes colectivos. “Os populares danlle as costas a este sector pese aos descensos de produción que no caso de especies como o berberecho chegan a un 93%”, sinalou o deputado, logo de que PP rexeitase na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia a posta en marcha das ditas axudas. Na proposta o Grupo Socialista reclamáballe á Xunta unha convocatoria urxente de subvencións para compensar a paralización da actividade como consecuencia da baixa produtividade.

O deputado do PSdeG Julio Abalde alertou de que, unha vez que están dispoñíbeis os datos de 2024, compróbase que o descenso da produción é “dramático”, en especial, no caso de especies coma o berberecho, cunha caída do 93 %. Esta crise, dixo, “pásalles factura, sobre todo, aos profesionais do marisqueo libre, tanto a quen faenan a pé coma a quen o fan en embarcacións, pero tamén lles atinxe aos pescadores da baixura e litoral”. Engadiu que “o incremento dos prezos non compensa a drástica redución de capturas”.

Abalde advertiu de que o deterioro dos bancos “increméntase ano a ano”, co que se perden “toneladas de bivalvo e millóns de euros de facturación”. En concreto, no 2024 esta caeu á metade que no anterior quinquenio, segundo precisou. É unha realidade que a Consellería do Mar “xa non nega, pola contra recoñece, por fin, que o cambio climático, as condicións ambientais e a contaminación están afectando”, sinalou, recriminando á Xunta por “buscar culpábeis noutras administracións” e “negarse a regular o baleirado dos encoros e realizar avaliacións dos resultados das medidas que implanta”.

Por outra banda, o deputado socialista cualificou de “insuficientes” as axudas á rexeneración que a Xunta publicou en decembro, xa que “financian un máximo de 15.000 euros por proxecto”, dixo, engadindo que “outro tanto pasa coas de restauración da biodiversidade, cun total de 1,1 millóns en xullo e 1,9 en decembro para toda Galicia, cantidades que non resolven o problema actual”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...