“O PSdeG e a mafia do mediocre”. José Luis Calo

20 Febreiro 2025


Se cae o PSdeG, antes ou despois sucederá, será pola contorna de mediocridade
que se rodeou. En 2023 o PSOE galego profundaba o seu labirinto de escándalos,
enfrontamentos e renuncias en prazas crave para as municipais. A noite nefasta
nas eleccións do 18F de 2024, lonxe de competir pola segunda posición co BNG,
os socialistas perderon representación e se estancaron como terceira forza en
Galicia, quedándose por baixo da barreira dos 10 escanos. E agora, os edís
expulsados do PSOE santiagués Gonzalo Muíños, Mila Castro, Mercedes Rosón e
Marta Álvarez sinalan que sufriron “presións constantes” despois das eleccións
municipais, acudirán á xustiza se non se atenden as súas alegacións. Os cidadáns
teñen conciencia clara do abuso dos nosos partidos políticos, que figuran sempre
en todas as enquisas serias como o segundo ou o terceiro problema dos dez máis
gravosos que nos angustian. Pero eles, no canto de buscar solucións aos
problemas reais que nos afectan, céntranse en refregas polo poder interno dos
seus propios partidos. O poder político converteuse nun suculento negocio. O
80% do que gastan os partidos é diñeiro público. A voracidade dos grandes
partidos continúa sen saciarse, este ano chega cunha subida impositiva
extraordinaria sobre a caixa das empresas e o peto das familias de case 18.000
millóns de euros. O aumento da presión fiscal apenas dá tregua, o que nos vai a
colocar no podio dos países nos que máis aumentou o peso da fiscalidade en
Europa. Os partidos decidiron financiarse, fixando eles mesmos no Congreso a
cantidade que anualmente perciben por voto emitido, por voto conseguido, por
cada deputado, por cada senador, pola lei que ampara o que eles mesmos
decidiron. Un exemplo témolo está semana en Galicia, onde se aprobaron as
subvencións anuais concedidas ás formacións políticas con representación no
Parlamento autonómico para atender os gastos de funcionamento
correspondentes a 2024. Estes repártense 2 millóns de euros en subvencións.
«Ningún partido político, poderá gastar un euro máis do que ingrese a través das
cotas que pagan os afiliados», esa debería ser a dirección cara a unha reforma
política onde a corrupción tanto interna como institucional, é un dos grandes
males de Galicia e España.

José Luis Calo.Coordinador UCIN Galicia

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.