“O marisqueo e a pesca galegos, unha preocupación á que ninguén pon couto” – Antón Luaces

27 Febreiro 2025

Sendo como son a pesca e o marisqueo fundamentos básicos da economía e o emprego na comunidade autónoma de Galicia, o certo é que toda conxectura en torno á súa problemática semella un barco sen rumbo ao que as distintas administracións non botan un cabo nin por casualidade.

Desinterese ou ignorancia?. Só falta de atención?. 

Talvez un pouco de todo, a teor da práctica paralización de ambos os sectores. E así se pode entender da nula resposta acadada a semana pasada en Bruxelas polo presidente Alfonso Rueda na súa entrevista co comisario de Pesca da UE Costas Kadis con quen abordou a necesidade de compatibilizar a preservación do medio ambiente coa economía do mar, unha vella teima que non se da solucionada malia as reclamacións que, neste senso, veñen presentando cada pouco pescadores e mariscadores.

No vindeiro mes de maio vai cumprirse un ano desde que o BNG propuxera no Parlamento galego ao PP a presentación dun cronograma, no prazo dun mes,  co proceso a seguir para realizar un proxecto e cumprir uns prazos de entrega  para detectar posibles inconvenientes e obter información polo miúdo da problemática que afecta tanto ao marisqueo como 

á pesca, así como partidas orzamentarias para a elaboración dun plan plurianual de medidas que permitan a recuperación e rexeneración das rías galegas, e a única resposta dada polo goberno galego en boca do seu presidente foi a expresión da necesidade de saber que está a pasar marisqueo e que a administración ten que facer un esforzo económico e poñer en marcha un conxunto de actuacións que fagan viable lo sector. 

E listo, liquidado o asunto. Pero de resultados, nada de nada. E para chegar a esta solución, a Xunta precisou de nove meses, todo un parto que fala claramente dun aborto porque non hai resultado á vista.

Con estas decisións tan “resolutivas” non  é de estrañar  que a pesca e o marisqueo galegos estean co o están: ao garete.-

…

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.