O Entroido da Pobra redobra a súa aposta pola música, os concursos, os disfraces e a diversión de nenos e maiores

21 Febreiro 2025

Ano tras ano, o Entroido vai consolidando a súa importancia como unha das festividades máis importantes da Pobra do Caramiñal. Dende a Concellería de Cultura, a edil Patricia Lojo e a técnica de cultura Fita Sanisidro presentaron un calendario de actividades que busca superar as edicións pasadas.

“Ao longo desta semana de Entroido, dende a Concellería de Cultura buscamos realizar unha proposta que incluíse todos os aspectos do noso Entroido, cunha programación ateigada de música, concursos, disfraces e moita, moita diversión”, declarou a edil Patricia Lojo, engadindo que a axenda comezará cunha gran festa de entroido o sábado 1 de marzo. A Charanga Os Encerellados dará a saída das celebracións cunha ruada ás 12.00 horas, ao que se sumará ás 19.00 horas a animación de Barafunda: Festa Tribal, que servirá como antesala da festa de disfraces que arrancará ás 22.00 horas con música a cargo da Discomóbil Chocolate.

O domingo será a quenda dos máis cativos, que poderán desfrutar a partir das 17.00 h na praza Alcalde Segundo Durán dunha festa ateigada de sorpresas, e que contará cun Concurso Infantil de Disfraces e cun espectáculo de animación a cargo de Animar-T.

O martes, día 4, chegará o prato forte co imprescindíbel certame de carrozas e disfraces que arrancará ás 17.30 horas dende a Covecha, e que este ano conta cunha bolsa de premios maior que en edicións pasadas. ​

A proposta deste ano péchana o Enterro do Felipiño o sábado 8 ás 19.00 horas, organizado pola veciñanza da Parroquia do Xobre, e o Domingo de Piñata a cargo da veciñanza da Crocha, que dará comezo ás 18.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.