O Elma acolle este venres a proxección de “Matria”

13 Febreiro 2025

O Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal, no marco do ciclo Venres de Cine, acolle este venres 13 de febreiro a partir das 21.00 horas a proxección do filme galego Matria, dirixido por Álvaro Gago. A entrada é de balde ata completar a cabida. Organiza a concellaría de cultura da Pobra do Caramiñal.

Matria., protagonizada por María Vázquez e a ribeirá Susana Sampedro, é un dos grandes éxitos de público e crítica do cinema galego recente. Foi rodada en galego e cun elenco galego, sendo obxecto de mancheas de recoñecementos, e en webs como Filmaffinity aparece no posto número 5 das preferidas polo público na colleita deste 2023.

Sinopse (Galipedia)

Ambientada nunha vila mariñeira galega, a trama segue a difícil situación de Ramona, unha muller traballadora que loita por manterse a flote. Segundo María Vázquez “Matria reflicte a vida dunhas mulleres moi fortes e poderosas, pero con pouca autoestima. Manteñen a industria na zona das Rías Baixas e tamén coidan da súa familia e da familia dos demais para que estes poidan traballar”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...