O Concello de Ribeira plantará novas árbores a carón do Campo da Tasca, en Aguiño

10 Febreiro 2025

O Concello de Ribeira informa que “debido ao mal estado das árbores situadas a carón do Campo da Tasca de Aguiño”, estase a proceder á súa tala para “garantir a seguridade da veciñanza así como das persoas que empregan o paseo e as instalacións deportivas”. Dende o Consistorio lembran que estas árbores foron transplantadas no seu momento como parte das obras de renovación da rúa Castelao, pero o proceso de transplante “non foi o axeitado xa que a moitas cortáronlles as raíces, impedindo a súa correcta adaptación e provocando a morte de todas elas, preto dunhas 25 árbores dun tamaño considerábel”. O Concello engade que esta situación non “só supuxo un impacto ambiental e paisaxístico, senón que agora obriga a destinar recursos públicos para resolver un problema que se podería ter evitado cunha mellor planificación e execución das obras”.

No comunicado o Goberno local sinala que o estado actual é “totalmente seco”, polo que supoñen un risco de caída que podería afectar a persoas e para a rapazada que usa o campo.

Dende o Concello informan de que a Brigada Municipal de Xardíns está a realizar os traballos de retirada das árbores afectadas. Unha vez completada esta tarefa, o Concello procederá á plantación de novas especies, concretamente chopos brancos, co obxectivo de recuperar a vexetación da zona e manter o seu valor paisaxístico. O actual goberno municipal reafirma así “o seu compromiso co coidado e conservación do patrimonio natural, ademais en todas as novas actuacións que se fan inclúese a plantación de novas árbores co obxectivo de reverdecer o municipio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.