O Concello de Ribeira garante a celebración de tódalas festas en Aguiño

19 Febreiro 2025
Francisco Suárez-Puerta nunha imaxe de arquivo

O Concello de Ribeira, a través da Concellería de Festexos, emitiu un comunicado dirixido á veciñanza de Aguiño no que se garante a celebración de todos os festexos do presente ano. Segundo indicou o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta “o primeiro que queremos deixar claro e que as festas de Aguiño, como no resto das parroquias, vanse celebrar nas datas de sempre e como ata do agora”. O edil transmitiu a súa preocupación e solidariedade coa Comisión de Festas de Aguiño e indicou “que se unha comisión de festas decide dimitir, dende o meu cargo non podo obrigar a ninguén a formar parte dun equipo de traballo destas características, é unha decisión que toman eles de forma libre e non teño nada que engadir ao respecto”.

A continuación recordou que “hai unha problemática con Portos ben coñecida pola veciñanza e na que Portos de Galicia sanciona ao Concello de Ribeira pola celebración de festexos tanto en Ribeira como nas parroquias”, de aí, dixo, que se falase coa Comisión para transmitirlle que era posíbel expedir o permiso na súa representación para evitar “posíbeis sancións”. O concelleiro sinalou que “chegouse a ese acordo e non houbo ningún tipo de problema ata que nos informaron por parte da Comisión que Portos lle facía pagar un aval moi alto e inasumíbel polo que decidimos que dende a Concellería asumiríamos a petición”. O comunicado conclúe deste xeito: “Pola nosa parte mandamos unha mensaxe de tranquilidade e normalidade e de que as festas celebraranse coma sempre”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.