O Concello de Ribeira e a Federación Galega de Salvamento presentan un novo curso de socorrismo

21 Febreiro 2025

O Concello de Ribeira e a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) presentaron este 21 de febreiro de 2025, por segundo ano consecutivo, o curso de socorrismo que organizan as dúas entidades. Os detalles foron achegados polo alcalde Luís Pérez Barral, xunto co vicepresidente da Federación, Ismael García.

García informou que o curso será de 120 horas de formación repartidas en catro módulos, 20 horas de prevención, 40 de primeiros auxilios, 60 de salvamento e natación. Para acceder ao curso esíxese ter 18 anos ou cumprilos durante a realización do mesmo, tamén haberá que ter a titulación da ESO e se fará unha proba de acceso de 200 m. que validaría o módulo de natación. Segundo sinalou Ismael, “un dos beneficios deste curso e que se lle vai a impartir a tódolos alumnos e alumnas unha formación homologada e de cara ao final da formación realizaranse unhas prácticas no mar tanto con embarcacións como con motos de auga para que o alumnado poida realizar diferentes prácticas e onde poidan desenvolver as técnicas aprendidas: entradas á auga, izadas, etc..”

Pechou o acto de presentación Pérez Barral aludindo que é o segundo ano que se realiza este curso de salvamento “co que pretendemos formar á xente nova e poida ter a titulación necesaria para poder ser socorrista acuático nas praias do noso municipio”. O rexedor explicou que esta actividade, alén de formar e capacitar en labores de salvamento, tamén lle permite ao Concello de Ribeira “ampliar o número de praias que podemos vixiar, o ano pasado xa fixemos ese aumento; pasando de tres praias vixiadas a cinco e neste ano imos facer exactamente o mesmo”. Informou que as praias que estarán vixiadas serán: Coroso, O Vilar, Ladeira, Castro-Catía e Rio-Azor “que son as praias con máis afluencia de bañistas onde máis vixilancia se precisa no tempo estival”.

Por outra banda o rexedor indicou que “calquera persoa que se anote a este curso, vai ter a posibilidade de traballar co Concello de Ribeira”, e reiterou que o compromiso do Goberno municipal é o de ampliar o número de socorristas nos areais e tamén nos tempos dos contratos laborais. “Os socorristas pasaron de traballar dous meses e dez días a traballar tres meses”, sinalou Luís Pérez, ao tempo que fixo un chamamento para os mozas e mozas que queiran traballar este verán “porque o Concello vai abrir un bolsa complementaria á que xa temos para que as prazas que non se cubran poidan ser cubertas polas persoas que se formen neste curso.

Requisitos:

Ter 18 anos cumpridos

Ter como mínimo a ESO

Prazo de inscripción:

Ata o 12 de marzo de 2025

Data da proba de acceso:

Sábado 15 de marzo de 2025

11:30 h Piscina da Fieiteira

Prezos:

Prezo xeral: 620 euros

Prezo para empadroados no Concello de Ribeira (con data 01/01/2024): 500 euros

Datas:

Inicio: 21/03/2025

Fin: 23/05/2025

Horarios:

Venres: de 16:00 a 20:00 h

Sábados: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h

Domingos: de 10 a 14:00 h

Máis información:

Teléfono: 981 97 71 20

Correo: fessga@gmail.com

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.