O Concello de Rianxo recibe unha achega de 22.000 euros para dar continuidade ao Festival Viladomar

06 Febreiro 2025

O Concello de Rianxo recibiu unha axuda de 22.000€ para dar continuidade ao Festival Viladomar, certame de arte urbana que é xa un referente no movemento cultural e artístico para transformar as nosas vilas e cidades con murais de gran tamaño e outras intervencións.

Esta subvención da Deputación da Coruña súmase á cantidade anual que o Concello de Rianxo destina a seguir dando vida a espazos deteriorados do municipio.

O Concello explicou que axiña coñeceranse as localizacións dos murais da edición deste ano.

A achega da Deputación deuse a coñecer este 6 de febreiro, xunto con outras axudas análogas da entidade provincial dirixidas a concellos da provincia para a realización en 2025 festivais de arte pública urbana na modalidade de pintura mural. Serán 149.770 euros, que se repartirán cinco eventos: o Cromático Mural Fest, de Cambre (35.000 €), o Rexenera Fest, de Carballo (35.000 €), Expresa Oleiros Urban Fest (23.350 €), Festival Viladomar, de Rianxo (21.920 €) e DesOrdes Creativas, de Ordes (34.500 €).

O vicepresidente provincial e titular de Turismo, Xosé Regueira, destacou a importancia da liña de subvencións: “Contribúen ao potencial da arte urbana, unha disciplina que permite visualizar un produto turístico atractivo e ofrece unha alternativa para dar a coñecer un destino desde outra óptica, alcanzando un tipo de visitante que ata hai poucos anos tiñamos esquecido”.

“A arte urbana”, engadiu, “converteuse nos últimos anos en soporte para a creación artística de cada vez máis municipios da provincia, e parte importante é o apoio que lle prestamos desde a Deputación”. O vicepresidente falou tamén de relevancia que teñen este festivais xa non só para o turismo, “senón tamén para as mesmas localidades, pois son quen de rexenerar espazos empobrecidos por políticas urbanísticas nefastas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.