O Concello de Boiro organiza unha viaxe ás terras de Rosalía cos Quinquilláns

05 Febreiro 2025

Con motivo do Día de Rosalía 2025, o Concello de Boiro prepara unha viaxe cultural ás Terras de Rosalía programada para o vindeiro sábado 15 de febreiro. Para participar é necesario inscrición previa, que se pode formalizar xa na Casa da Cultura.

A actividade consistirá nun roteiro teatral por Compostela realizado por Os Quinquilláns; ao Panteón dos Galegos Ilustres; unha visita guiada ao Museo do Pobo Galego e Bastavales pola mañá; o xantar será no restaurante Escala (opcional) e pola tarde terá lugar o roteiro teatral por Padrón.

A saída está prevista en autobús ás 9.30 horas dende a Cachada e o regreso a Boiro ás 18.00 horas.

Para participar é necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura de Boiro, no teléfono 981 84 84 25 ou no enderezo electrónico educacion@boiro.gal.

A Casa de Rosalía de Castro en Padrón

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...