O Concello de Boiro licita as obras para a mellora de pluviais e renovación de pavimentos no lugar de Esteiro

27 Febreiro 2025

O Concello de Boiro saca a licitación o proxecto para a renovación de servizos e pavimentos na rúa 54 dende o encontro coa DP-1107 ata o Esteiro por importe de 148.843,26 euros. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas mediante a Plataforma de Contratación do Sector Público ata o 17 de marzo.

O que se pretende con esta actuación é “continuar a rede separativa de pluviais iniciada pola Deputación na DP-1107, canalizando as augas que veñen da DP coas da propia rúa para conectalas á rede separativa do Concello de Boiro existente no lugar de Esteiro”. O proxecto contempla tamén a renovación da totalidade da rede de auga para consumo existente, que na súa maioría é de PVC, e que acumula numerosas roturas nos últimos anos.

Por último, executadas as obras de servizos de recollida de pluviais e subministro de auga potable, realizarase a pavimentación completa na rúa mediante a aplicación de pavimento asfáltico en quente, agás nun pequeno espazo de 300 metros cadrados que, por mellora estética, se realizará en formigón.

Estas actuacións vanse levar a cabo mediante o POS+ 2024 da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.