O Concello desbloquea dúas parcelas en Rianxiño para a construción de 136 novas vivendas

03 Febreiro 2025

O pleno da Corporación do Concello de Rianxo aprobou definitivamente os estudos de detalle para a adaptación das aliñacións nos ámbitos Z5 e Z6 do SAU 3 Pazo de Rianxiño, ao abeiro do proxecto para edificar 136 novas vivendas con todos os servizos e infraestruturas necesarias e esixidas. O Executivo local informou que con estes estudos dáse cumprimento e complétanse as determinacións do plan parcial da zona mencionada, o que permite “avanzar no proceso edificatorio das parcelas afectadas” con vistas á ampliación de vivenda dispoñíbel no municipio rianxeiro e, con vistas tamén, a reter poboación. O alcalde, Julián Bustelo, destacou “a importancia de concluír a aprobación dos estudos de detalle co obxectivo de desbloquear unha importante bolsa de terreo para que se poidan construír nela ata 136 novas vivendas”.

A contorna devandita de Rianxiño está situada a carón do IES Félix Muriel (son dúas parcelas situadas detrás e diante do centro educativo). Coa aprobación definitiva dos estudos desbloquéase o uso dos ditos predios. Ao abeiro deste proxecto incluiríase tamén a materialización do centro de día de Rianxo (no Pazo de Rianxiño).

Outros artigos

Sábado 8, unha borrasca traerá máis nubes e orballo a Galicia

Galicia quedará este sábado baixo a influencia dunha borrasca situada ao oeste, que achegará unha fronte cálida ao longo do día. A xornada comezará con intervalos de nubes e claros, pero as nubes irán en aumento, podendo deixar algúns orballos na fachada atlántica. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O forno de leña”. Luís Celeiro

“O forno de leña”. Luís Celeiro

Os daquela xeración que naceron antes dos anos sesenta do século pasado (moi lonxe e moicerca, ao mesmo tempo) lembran como se facía o pan de cada día nos fornos de leña. Decada día ou de cada mes. Lembran o pan prestado polo veciño e saben que se devolvía aococer,...