O Club de Xubilados de Lousame leva a preto dun cento de veciños ao Domingo Corredoiro do Entroido de Xinzo

25 Febreiro 2025

Preto dun cento de persoas participaron na excursión ao entroido de Xinzo de Limia organizada pola Asociación Club de Xubilados de Lousame e que tivo lugar o pasado domingo 23 de febreiro.

A expedición desfrutou dunha visita guiada ao Museo Galego de Entroido, onde puideron coñecer diferentes traxes que representan unha tradición tan importante en Galicia como é a do Entroido.

A viaxe coincidiu co Domingo Corredoiro, que marca o inicio do Entroido en Xinzo de Limia e no que as Pantallas percorreron as rúas da capital da Limia ata a Praza Maior.

Unha celebración, animada musicalmente polas charangas Élite e Sound Band, da que desfrutaron os veciños e veciñas de Lousame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.