O ciclo ArroRois achega este venres “Un bico para Alí”, no Auditorio a partir das 18.00 horas

12 Febreiro 2025

Este venres 14 de febreiro prosegue o programa ArroRois posto en marcha polo Concello de Rois para achegar lecer ás familias con bebés e crianzas miúdas. A nova cita non é outra que Un bico para Alí. Será no Auditorio Municipal a partir das 18.00 horas. Trátase, en palabras da Área de Cultura do Concello, dun “entrañábel contacontos con Lydia Botana a través do cal acompañaremos a Alí na súa misión de axudar a Antón, un neno con dificultades de linguaxe, a través de contos, cancións e outros recursos”. A representación está dirixida a familias con nenas e nenos de 3 a 6 anos.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.