O BNG pide explicacións á Consellería do Mar pola falta de execución dos fondos europeos “ante a crise alarmante do sector”

04 Febreiro 2025

A deputada do BNG Rosana Pérez pediu explicacións á secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Marta Barreiro, sobre o grao de execución dos fondos europeos  de 2023 nun contexto no que, segundo advertiu a parlamentaria da Pobra do Caramiñal, o sector atópase nunha situación “alarmante”. Fíxoo na comisión 8ª, onde reclamou ao Goberno de Rueda que “se centre en destinar os cartos do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) a proxectos concretos da economía real e non só a publicidade, feiras e eventos”.

Pérez lamentou que a Xunta do PP devolva centos de millóns que deberan servir para potenciar un sector que en Galiza é fundamental e que en realidade -aclarou- “foron parar a unha maraña de burocracia eterna e a non estar a disposición de quen realmente os necesita, o sector pesqueiro – o extrativo sobre todo-, as pequenas e medianas empresas e os pequenos autónomos”. Explicou tamén que “como recolle o Consello de Contas do mes de setembro, o grao de execución dos fondos da UE en Galiza foi do 47,3%, moi por detrás da media do Estado, co 58,08%, e moi por detrás tamén da execución noutras consellarías”.

A portavoz de Mar do BNG asegurou que a formación nacionalista xa vén alertando desta “nefasta xestión”, presentado iniciativas no Parlamento galego para “lograr que os cartos chegasen ás necesidades do sector”. Pérez, na súa intervención, interesouse pola cantidade executada dos máis de 371 millóns de euros que lle correspondían a Galiza do FEMP no período 2014-2020, despois da creación en 2021 dunha nova Subdirección Xeral de Planificación, Seguimento e Verificación do FEMP. Un departamento que naceu “xusto no 2021, despois de ver que a xestión dos fondos era ineficaz e que ían máis cartos de volta dos que quedaban aquí”, subliñou.

Pérez tamén se interesou polos datos de execución de fondos en 2023 e pola valoración que fai dos mesmos a Consellería do Mar, “sobre todo despois de terse creado esta Subdirección Xeral de Planificación, Seguimento de Verificación dos FEMP”: Incidiu en “se serviu para mellorar o aproveitamento dos fondos e preguntou que fixo exactamente para mellorar, se é que mellorou”, engadiu.

Na iniciativa, o BNG tamén preguntaba pola data da posta en marcha das oficinas de información e asesoramento do FEMPA, “que levan anunciando por terra mar e aire, desde 2022, que se adxudicaron en setembro de e 2024 e que vén de inaugurar a bombo e prato polo presidente da Xunta o mes pasado pero que aínda non botaron a andar”, sinalou.

Rosana Pérez preguntou á nova directora xeral de Pesca, Patricia García, pola valoración que fai a Consellería da situación actual do conxunto do sector do mar así como pola opinión que lle merecen os datos da propia Xunta que “falan da baixada de vendas e facturación nas lonxas galegas, así como da perda de postos de traballo no sector”, unha situación que a deputada nacionalista cualificou de “debacle”.

Aludiu aos datos publicados na Plataforma Tecnolóxica da Pesca da Consellaría do Mar, que, segundo dixo, constatan “unha caída nas vendas de peixe e marisco de case 24.000 toneladas,  un 18% menos ca no 2023, cunha baixada de máis de 30 millóns de euros na facturación, un 7,5% menos ca ano anterior, ademais da redución de 222 permisos de marisqueo a pé, un 6,3% menos e só un ano”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.