O BNG de Outes sostén que non existen motivos políticos para impulsar a moción de censura contra o Goberno local

13 Febreiro 2025

O BNG de Outes emitiu un comunicado sobre a posíbel moción de censura que prepararía o até agora responsábel do PSOE local, Tono Caamaño, en colaboración co PP e contra o bipartito formado polo BNG e Compromiso por Outes. Os nacionalistas expresaron a súa “condena e indignación” ante o que é, ao seu xuízo, “un atentado contra o sentir maioritario da veciñanza expresado nas urnas no ano 2023″. E engaden: Hoxe cometen un pacto antinatura que pon na alcaldía ao Partido Popular co apoio do concelleiro que saíu escollido coma representante do PSOE”.

Para o BNG, o concelleiro tránsfuga “traizoa e defrauda á veciñanza que o votou vendéndose ao Partido Popular exclusivamente por escuros intereses persoais que aínda están por esclarecer, e faino,despois dunhas semanas de circo mediático meditado e pactado previamente co PP para dar a entender que existía unha crise de goberno cando, realmente, o que había era un ambiente correcto, construtivo e con obxectivos claros”.

Os nacionalistas aproveitaron para “reivindicarmos todo o traballo feito neste ano e medio de goberno de coalición onde se sentaron as bases de todo o que estábamos a desenvolver e tiñamos previsto para este e os vindeiros anos. Investimentos millonarios en obras de mantemento para a mellora de infraestruturas xa existentes, camiños municipais e a mellora da xestión dos diferentes servizos así como a axilización xeneralizada dos trámites”.

A maiores, o voceiro e tenente alcalde de Outes, Anxo Núñez, explicou no Canal Rías Baixas que “non existen motivos políticos para presentar unha moción de censura nin existían problemas previos dentro do goberno. Esta moción non é lexítima porque responde só a intereses persoais que aínda está por ver que lle prometeu o Partido Popular para traizoar o votado nas urnas e aos veciños que o puxeron aí”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.