“Narcotráfico” – José Manuel Pena

18 Febreiro 2025

Algúns analistas mesmo se atreven a comentar que non se debería seguir indagando nin lembrando sobre algo que ocorreu e que, desgraciadamente, segue latente na nosa terra, o narcotráfico. Entón, algúns nos preguntamos se teriamos que prescindir dos libros de historia ou tamén non lembrar o holocausto nazi, nin a ditadura franquista, entre outros acontecementos, porque danan e molestan a algúns dos seus familiares, seguidores, nostálxicos ou cómplices.

Quen cura a dor a todas esas familias que perderon a algún dos seus membros, por culpa da droga? Somos tan hipócritas que continuamos criminalizando aos pobres drogodependentes e enxalzamos aos traficantes. O peor e a realidade é que o narcotráfico segue activo e en auxe en Galicia. Os “señores” da droga e os capos do narcotráfico seguen facendo gala da ostentación e a impunidade. Para eles todo vale con tal de vivir no luxo e a abundancia, sen dar un pau á auga e co mínimo esforzo, mentres seguen tecendo a tea de araña da mafia e a corrupción, a todos os niveis.

Foron moitos anos mirando para outro lado, mentres algúns membros de forzas de seguridade do estado, responsables políticos, certas empresas utilizadas como “tapadeiras”, entidades recreativas, culturais e deportivas beneficiáronse do diñeiro doado por estes capos e moitos veciños en xeral. Agora, a Xunta de Galicia, recoñece que o tráfico de drogas continúa florecendo en Galicia e van lanzar unhas campañas de sensibilización, cando o máis urxente e eficaz sería dispoñer dos medios materiais e humanos necesarios para loitar contra esas mafias.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...