“Na percura da igualdade de trato para evitar a descompensación económica e social”. Antón Luaces

19 Febreiro 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, entrevístase este xoves en Bruxelas co comisario de Pesca da UE, o chipriota Costas Kadis. Será esta a primeira oportunidade na que ambos os dous manteñen un bis a bis que debe servir ao presidente galego para poñer boca arriba as cartas que Galicia pode exhibir na mesa de xogo comunitaria. De feito, na axenda de Alfonso Rueda figura a solicitude da compatibilidade en aspectos sociais e ambientais pesqueiras  que Galicia é a primeira interesada en coidar.

Para o presidente galego -ao igual que para o conxunto dos galegos- resulta fundamental manter en pé o seu potencial pesqueiro; máis para elo a súa permanencia no seo da Unión Europea implica a necesidade de que esta lle permita seguir a explotar eses recursos sen ter que competir cos que terceiros países non  suxeitos a normas e medidas económicas e mesmo sanitarias, introducen pola porta grande no ámbito da Comunidade Europea.

Galicia é, como sinalou Rueda antes de emprender viaxe a Bruxelas, a primeira potencia pesqueira de toda Europa. E para que manteñamos este status -que supostamente tamén interesa aos outros 26 estados membros- a Unión debe promover “un marco equitativo na captura e comercialización pesqueira a nivel internacional” que permita competir en condicións de igualdade e prantar cara a aqueles países que acadan “colocar” en Europa os seus produtos en condicións de vantaxe porque a eles non se lles esixen os mesmos requisitos.

Non existen alternativas económicamente viabeis se non son de aplicación a eses produtos non aportados polas frotas comunitarias as mesmas reglas que se demandan na UE aos que os seus barcos aportan obrigadamente, desde a trazabilidade á calidade e salubridade, como aconteceu cando foi o episodio da entrada de panga no mercado comunitario, que atopou en Galicia toda a facilidade do mundo para entrar en espazos seguros moi apetecidos, como son os colexios e centros sanitarios públicos.

Moito vai ter que expoñer Alfonso Rueda ao comisario Costas Kadis para retornar a Galicia con boas novas que trasladar a unha frota que non pasa, nen moito menos, polas mellores circunstancias.  

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.