Muros celebra este mércores unha xornada para informar das axudas á rehabilitación de vivendas no centro histórico

25 Febreiro 2025

O Concello de Muros organiza unha xornada informativa para dar a coñecer todas as liñas de axudas á rehabilitación de vivendas no seu casco histórico. Será mañá mércores 26 de febreiro, as 18:30 horas na antiga fabrica de Sel.

A semana pasada, o concello abriu unha nova convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas no seu casco histórico, financiada con fondos Next Generation da Unión Europea.

As axudas son de ata 21.400 euros por vivenda, contía que nalgúns casos poderase incrementar ata un máximo de 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio obxecto de rehabilitación.

“Este programa de axudas forma parte das distintas medidas de apoio á vivenda e conservación do casco histórico que impulsamos desde o concello”, asegura a alcaldesa de Muros, María Lago, que anuncia “outras iniciativas neste ámbito a curto e medio prazo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.